Constrúindo un Lalín novo

Paz Pérez preside a reunión de seguimento da Axenda Urbana, con incorporación dunha nova técnica.

Abr 1, 2025

A responsable da Axenda Urbana de Lalín, a tenente de alcalde Paz Pérez Asorey, indica que nesta semana levou a cabo unha reunión de seguimento e posta ao día da Axenda Urbana de Lalín (AUL) coa nova técnica, Ángela Vilar Gónzález, que se incorpora ao grupo de traballo. Alí tratáronse temas como a futura actualización do documento da Axenda Urbana adaptando os proxectos estratéxicos do mesmo ao Plan de Actuación Integrado (PAI) Lalín Próximo da Estratexia Integrada de Desenvolvemento Local (EDIL), sobre o que se solicitou, no pasado mes de febreiro, a subvención financiada cos novos fondos FEDER para o novo período 2021-2027.