Debuxando o Lalín da vindeira década
Fecha: 07/08/2023
El Ayuntamiento diseña su Agenda Urbana con el ojo puesto en el 2030 y en los Objetivos de Desenvolvimiento Sostenible de la ONU y de la UE
Arranca una acción divul
O Concello impulsa a elaboración da Axenda Urbana de Lalín, no marco da Axenda Urbana Española, como proxecto piloto do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, co obxectivo de converter ao noso concello nun referente para outros municipios de características similares en todo o país.
A Axenda Urbana Española é a referencia que inspira as accións a desenvolver, para que sexan coherentes e sustentables, de acordo cos criterios establecidos na Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable, na Nova Axenda Urbana de Nacións Unidas e na Axenda Urbana para a Unión Europea.
Para construír o futuro de Lalín que todas e todos queremos, é fundamental a colaboración e implicación da cidadanía. Para iso, habilitamos unha canle de contacto constante polo que a cidadanía poderá facernos chegar as súas achegas, ademais dun cuestionario específico enfocado no Plan de Acción da Axenda Urbana de Lalín, que recollerá as accións e proxectos que nos permitirán avanzar de aquí a 2030.
Ademais, axudaranos a obter financiamento doutras administracións para impulsar o desenvolvemento de Lalín. Ao final do camiño esperamos construír un municipio activo e cheo de vida, no privilexiado marco natural e paisaxístico que gozamos.
Ordenar o territorio e facer un uso racional do chan, conservalo e protexelo
Evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente
Prever e reducir os impactos do cambio climático e mellorar a resiliencia
Facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer a economía circular
Favorecer a proximidade e a mobilidade sostible
Fomentar a cohesión social e buscar a equidade
Impulsar e favorecer a economía urbana
Garantir o acceso á vivenda
Liderar e fomentar a innovación dixital
Mellorar os instrumentos de intervención e o goberno
Nesta fase defínense as ideas, accións e proxectos que quedasen recollidos no Plan de Acción da Axenda Urbana de Lalín. Estas terán distinto grao de concreción, dado que o Plan de Acción debe ser un documento vivo, integrando desde proxectos moi avanzados en canto á súa definición ou execución, até propostas menos definidas pero que poden ser oportunidades de futuro.
O Plan de Acción de Lalín debe ser capaz de adaptarse ás novas circunstancias que poida deparar o futuro. Un Sistema de Seguimento e Avaliación baseado en indicadores permiten medir o grao de execución do Plan de Acción e facilita a adopción de medidas correctivas, en caso de ser necesarias.
Esta primeira fase desenvolve un documento de Diagnóstico Estratéxico que recolle o punto de partida de Lalín respecto dos obxectivos estratéxicos que expón a Axenda Urbana Española.
Tomando como referencia os obxectivos estratéxicos da Axenda Urbana Española, Lalín establece os seus propios retos e obxectivos prioritarios coa pretensión de sentar as bases do desenvolvemento futuro e da transformación do municipio con horizonte 2030.
El Ayuntamiento diseña su Agenda Urbana con el ojo puesto en el 2030 y en los Objetivos de Desenvolvimiento Sostenible de la ONU y de la UE
Arranca una acción divul
NEXT Generation UE
NextGenerationEU é máis que un plan de recuperación: é una oportunidade única de saír reforzados da pandemia, transformar as nosas economías e sociedades, e deseñar unha Europa que funcione para todos.
O 21 de xullo de 2020, o Consello Europeo acordou un instrumento excepcional de recuperación temporal por un importe de 750.000 millóns de euros. O Fondo de Recuperación garante unha resposta europea coordinada cos Estados Membros para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais da pandemia.
Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia
O Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR) constitúe o núcleo do Fondo de Recuperación e está dotado con 672.500 millóns de euros, dos cales 360.000 millóns destinaranse a préstamos e 312.500 millóns de euros constituiranse como transferencias non reembolsables.
A súa finalidade é apoiar o investimento e as reformas nos Estados Membros para lograr unha recuperación sustentable e resiliente, á vez que se promoven as prioridades ecolóxicas e dixitais da UE.
Axenda Urbana Española
A Axenda Urbana Española, tomada en consideración polo Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2019, é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións a levar a cabo até 2030, para facer dos nosos pobos e cidades ámbitos de convivencia amables, acolledores, saudables e concienciados.
Constitúe ferramentas para que todos os actores, públicos e privados, que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sustentable desde os seus distintos campos de actuación, poidan elaborar os seus propios Plans de Acción.