POLÍTICA DE PRIVACIDADE
RESPONSABLE | CONCELLO DE LALÍN CIF: P3602400H |
CONTACTO | +34 986 787 060 Praza de Galicia, 1, 36500, Lalín |
FINALIDADE | Prestación de servizos, envío de información |
LEXITIMACIÓN | Prestación dos servizos solicitados, cumprimentos legais e consentimento do interesado |
DESTINATARIOS | Non se cederán datos a terceiros, salvo os necesarios a empregados, colaboradores e provedores para a prestación dos servizos e/ou por obrigacións legais |
DEREITOS | Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional |
INFORMACIÓN ADICIONAL | Debe ler a información detallada sobre protección de datos máis abaixo |
Información detallada sobre protección de datos
Os datos persoais vinculados o dominio web lalin.gal respectan as
esixencias do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do
Consello de 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas
físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre
circulación destes datos (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018, do 5 de
decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos
dixitais (LOPDGDD)
Quen é o Responsable do tratamento?
Datos do Responsable:
º RESPONSABLE: Concello de Lalín
º CIF: P3602400H
º Enderezo: Praza de Galicia, 1, 36500, Lalín
º Teléfono: +34 986 787 060
Datos do DELEGADO DE PROTECCIÓN DE DATOS:
º APDTIC PROFESIONALES, S.L.
º dpd@lalin.gal
O Concello de Lalín é responsable de manter un rexistro das actividades
de tratamento baixo a súa responsabilidade en cumprimento das obrigas
establecidas no artigo 30 do RGPD.
Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?
O Concello de Lalín tratará os datos persoais das persoas interesadas, con carácter xeral, para:
1. 1. Xestionar os diferentes procedementos administrativos e informar sobre a súa tramitación.
2. 2. Verificar ou comprobar a exactitude dos datos persoais que as
persoas interesadas declaren que xa obran en poder das administracións
públicas ou que previamente xa se achegasen..
3. 3. Realizar notificacións e tramitar recursos.
4. 4. Xestionar peticións de información, suxestións, comunicacións en xeral e remitir boletíns informativos.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
O Concello de Lalín está lexitimado para o tratamento dos datos de
carácter persoal de acordo co principio de licitudes sinalado no artigo 6
do RGPD e, concretamente, para:
º Con carácter xeral, no caso da actividade de procedemento
administrativo a base xurídica dos tratamentos será o cumprimento dunha
tarefa en interese público ou o exercicio de poderes públicos, tendo en
conta a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo
común; a Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público;
Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, etc.
º En determinados supostos o tratamento virá lexitimado polo consentimento das persoas interesadas.
º En todo caso, a base da lexitimación recollerase nas cláusulas
informativas básicas dispoñibles nos formularios de recollida de datos
persoais.
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
Os seus datos poderán ser comunicados, segundo a lexislación vixente e
sempre que sexa necesario para a xestión do procedemento ou petición, a
outras administracións públicas no exercicio das súas competencias, a
organismos financiadores, a diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros
de anuncios do Concello de Lalín para dar a publicidade legalmente
esixida nos procedementos onde sexa necesaria. As cláusulas informativas
básicas incluirán, en todo caso, os destinatarios concretos dos datos.
Durante canto tempo conservaremos os seus datos persoais?
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres non solicite a
súa supresión ou cancelación e sempre que resulten adecuados,
pertinentes e limitados ao necesario para os fins para os que sexan
tratados.
Realizaranse transferencias de datos a terceiros países?
Non se van a producir transferencias internacionais de datos.
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos persoais?
º Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos
persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo
se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van
comunicar a un terceiro.
º Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.
º Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter
persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa non sexan necesarios
para os fins para os que foron recollidos, incluído o dereito ao
esquecemento.
º Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que
se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se
cese no tratamento.
º Limitación do Tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias
establecidas legalmente, que non se traten os seus datos máis aló da
mera conservación dos mesmos
º Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun
formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder
transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.
Terá a posibilidade de retirar o consentimento?
Terá a posibilidade e o dereito de retirar o seu consentimento para
calquera finalidade específica outorgada no seu momento, sen que iso
afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa
retirada.
Onde poderá exercitar os seus dereitos?
A persoa interesada poderá exercer os seus dereitos sen custe algún,
recibindo unha resposta nos prazos establecidos no RGPD e a LOPDGDD,
polos seguintes medios:
º Por escrito no rexistro do Concello de Lalín. Esta solicitude deberá
ir asinada xunto coa copia do DNI ou pasaporte do interesado. No caso de
que se actúe a través de representante legal deberá achegarse, ademais,
o DNI e o documento acreditativo da presentación do representante.
º Se o Concello de Lalín tivese dúbidas razoables en relación coa
identidade da persoa física que cursa a solicitude poderá solicitar a
información adicional necesaria para confirmar a identidade do
interesado.
º O Concello de Lalín deberá responder a solicitude no prazo dun mes
dende a súa recepción. Este prazo poderá prorrogarse ata dos meses,
tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes recibidas. O
interesado, en calquera caso, será informado no prazo dun mes a partir
da recepción da solicitude.
º Calquera interesado tamén poderá dirixir a súa solicitude de exercicio
de dereitos o Delegado de Protección de datos no seguinte enderezo
electrónico: dpd@lalin.gal
º Para máis información: https://www.aepd.es/reglamento...
Como pode realizar unha reclamación perante a Autoridade de Control?
No caso de que non se respectaran os seus dereitos pode presentar unha
reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de
Datos (AEPD) sita na rúa Jorge Juan, 6-28001-Madrid ou utilizar a sede
electrónica: https://sedeagpd.gob.es/sede-e....
En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.
Cales son a medidas de seguridade?
En cumprimento co artigo 32 do RGPD e tendo en conta o establecido na
Disposición Adicional Primeira da LOPDGDD 3/2018, o Concello de Lalín
conta cunhas medidas de seguridade establecidas polo seu regulamento
interno de seguridade que segue o Esquema Nacional de Seguridade (ENS)
regulado polo Real Decreto 3/2010, de 8 de xaneiro.
NORMATIVA DE APLICACIÓN
º Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD)
º Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de
abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta
ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e
polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de
protección de datos)
º Real decreto 3/2010, de 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema
Nacional de Seguridade no ámbito da administración electrónica