O presidente da Deputación Luis López, o deputado provincial de Acción Comunitaria Javier Tourís, e a directora xeral de Administración Local da Xunta Natalia Prieto, acompañados polo alcalde José Crespo, expuxeron a asociacións veciñais e asociacións de mulleres rurais as axudas dirixidas a apoiar investimentos e equipamentos (obra nova ou reforma de locais sociais, compra de equipamentos, mobiliario, regularización das traídas de augas veciñais…); o lalinense Marcos Areán, técnico da Deputación, foi o encargado de explicar con máis detalle este tipo de axudas e a forma correcta de solicitalas, diante dun auditorio que ocupou a totalidade do aforo.



