Con motivo da celebración do período vacacional de Semana Santa no servizo Concilia Lalín, decidiuse programar e levar a cabo un par de actividades enmarcadas no proxecto da Axenda Urbana do Concello de Lalín.
A primeira destas actividades consistiu na proxección dunhas diapositivas no servicio o día 26 de marzo, abarcando un grupo de 24 participantes entre 3 e 10 anos, actividade foi resolta con éxito, xa que nesta actividade o principal obxetivo era dar a coñecer o proxecto da Axenda Urbana aos cativos e cativas, que aportaron ideas como a consolidación e o fomento de áreas verdes dentro do casco urbano de Lalín, alegando que non abundaban as zonas no noso pobo onde poder escoitar ao paxariños, ou onde poder descansar sen escoitar os ruidos dos coches circulando polas rúas. Ademais unha rapaza tamén indicou que ela vivindo nunha zona non moi alonzada do centro de Lalín antes apenas tiña vecinos e veciñas mentres que agora xa tiña moita mais xente vivindo ao seu carón e que seus país se queixaban de que había moito máis ruido.
Tamén é salientable que todos e todas incidiron en que na súa casa se reciclaba e reutilizaba e que era algo de moita importancia.
A segunda das actividades levouse a cabo o 27 de marzo, na que se lles presentou un mapa en branco con varias zonas divididas que tiñas que pintar cada unha dunha cor, intentando ubicar as súas casas do mapa o Concello de Lalín.
Esta actividade foi un éxito xa que a maioría desfrutou coloreando á vez que descubrían a nova idea da división en áreas parroquiais proposta polo Concello de Lalín.
En conclusión podense calificar estas xornadas como exitosas, xa que se conseguiron os obxetivos principais que eran dar a coñecer a Axenda Urbana nun ambiente distendido, ameno e divertido ao mesmo tempo para os cativos e as cativas.




