Quedou constituída a Comisión de Seguimento da Axenda Urbana, dando cumprimento ao acordo plenario do 24/11/23 no que se establece que dita Comisión terá a responsabilidade de monitorizar e asesorar sobre políticas e proxectos relacionados co desenvolvemento sostible do noso Concello.
Nesta primeira reunión da comisión aprobáronse os membros que a compoñen: Paz Pérez Asorey, en representación do grupo de goberno, e Rafael Cuiña Aparicio, en representación de Compromiso por Lalín.
Tamén, entre outros acordos que se tomaron nesta sesión, destaca a realización dun resumo da evolución do Plan de Acción da Axenda Urbana, e a información que se deu sobre a xornada técnica do vindeiro 22 de abril.