
Constrúindo un Lalín novo
Innovando xuntos cara a un futuro sostible
Axenda Urbana
A Axenda Urbana de Lalín é a nosa folla de ruta cara un futuro máis sustentable, equitativo, próspero e innovador. Una guía para impulsar o desenvolvemento de Lalín e a calidade de vida dos seus habitantes, co horizonte posto no ano 2030.
O marco da Axenda Urbana Española
O Concello impulsa a elaboración da Axenda Urbana de Lalín, no marco da Axenda Urbana Española, como proxecto piloto do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, co obxectivo de converter ao noso concello nun referente para outros municipios de características similares en todo o país.
A Axenda Urbana Española é a referencia que inspira as accións a desenvolver, para que sexan coherentes e sustentables, de acordo cos criterios establecidos na Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable, na Nova Axenda Urbana de Nacións Unidas e na Axenda Urbana para a Unión Europea.


Unha visión compartida
Para construír o futuro de Lalín que todas e todos queremos, é fundamental a colaboración e implicación da cidadanía. Para iso, habilitamos unha canle de contacto constante polo que a cidadanía poderá facernos chegar as súas achegas, ademais dun cuestionario específico enfocado no Plan de Acción da Axenda Urbana de Lalín, que recollerá as accións e proxectos que nos permitirán avanzar de aquí a 2030.
Ademais, axudaranos a obter financiamento doutras administracións para impulsar o desenvolvemento de Lalín. Ao final do camiño esperamos construír un municipio activo e cheo de vida, no privilexiado marco natural e paisaxístico que gozamos.
O NOVO LALÍN
Os obxectivos estratéxicos son:

OE1
Ordenar o territorio e facer un uso racional do chan, conservalo e protexelo

OE2
Evitar a dispersión urbana e revitalizar a cidade existente

OE3
Prever e reducir os impactos do cambio climático e mellorar a resiliencia

OE4
Facer unha xestión sostible dos recursos e favorecer a economía circular

OE5
Favorecer a proximidade e a mobilidade sostible

OE6
Fomentar a cohesión social e buscar a equidade

OE7
Impulsar e favorecer a economía urbana

OE8
Garantir o acceso á vivenda

OE9
Liderar e fomentar a innovación dixital

OE10
Fases do proxecto
A Axenda Urbana de Lalín desenvólvese en catro fases sucesivas, de acordo coa metodoloxía que propón a Axenda Urbana Española.
01
Diagnóstico estratéxicoEsta primeira fase desenvolve un documento de Diagnóstico Estratéxico que recolle o punto de partida de Lalín respecto dos obxectivos estratéxicos que expón a Axenda Urbana Española.
03
Plan de AccionNesta fase defínense as ideas, accións e proxectos que quedasen recollidos no Plan de Acción da Axenda Urbana de Lalín. Estas terán distinto grao de concreción, dado que o Plan de Acción debe ser un documento vivo, integrando desde proxectos moi avanzados en canto á súa definición ou execución, até propostas menos definidas pero que poden ser oportunidades de futuro.
04
Sistema de seguimento e avaliaciónInformes do proxecto
Consulta os informes de participación cidadana, e o plán de comunicación.
Actualidade:
O Concello de Lalín avanza na Axenda Urbana e creará unha versión en galego do seu Plan de Actuación Integrado
A Comisión de Seguimento da Axenda Urbana do Concello de Lalín reuniuse o pasado 15 de maio para avaliar o progreso...
Paz Pérez preside a reunión de seguimento da Axenda Urbana, con incorporación dunha nova técnica.
A responsable da Axenda Urbana de Lalín, a tenente de alcalde Paz Pérez Asorey, indica que nesta semana levou a cabo...
Paz Pérez cualifica de moi positiva a reunión de seguimento e posta ao día da Axenda Urbana de Lalín coa nova técnica que se ven de incorporar.
A responsable da Axenda Urbana de Lalín, a tenente de alcalde Paz Pérez Asorey, indica que “levouse a cabo unha...
Lalín solicita os proxectos de estratexia urbana contemplados no PAI
A tenente de Alcalde e concelleira de Fondos Europeos de Lalín, Mª Paz Pérez Asorey, anunciou a formalización da...
A Deputación de Pontevedra e a Xunta presentaron onte en Lalín os plans deaxudas para colectivos veciñais.
O presidente da Deputación Luis López, o deputado provincial de Acción Comunitaria Javier Tourís, e a directora xeral...
A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción.
A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín, un dos...
Financiamento:
NEXT Generation UE
NextGenerationEU é máis que un plan de recuperación: é una oportunidade única de saír reforzados da pandemia, transformar as nosas economías e sociedades, e deseñar unha Europa que funcione para todos.
O 21 de xullo de 2020, o Consello Europeo acordou un instrumento excepcional de recuperación temporal por un importe de 750.000 millóns de euros. O Fondo de Recuperación garante unha resposta europea coordinada cos Estados Membros para facer fronte ás consecuencias económicas e sociais da pandemia.


Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia
O Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR) constitúe o núcleo do Fondo de Recuperación e está dotado con 672.500 millóns de euros, dos cales 360.000 millóns destinaranse a préstamos e 312.500 millóns de euros constituiranse como transferencias non reembolsables.
A súa finalidade é apoiar o investimento e as reformas nos Estados Membros para lograr unha recuperación sustentable e resiliente, á vez que se promoven as prioridades ecolóxicas e dixitais da UE.
Axenda Urbana Española
A Axenda Urbana Española, tomada en consideración polo Consello de Ministros o 22 de febreiro de 2019, é a folla de ruta que vai marcar a estratexia e as accións a levar a cabo até 2030, para facer dos nosos pobos e cidades ámbitos de convivencia amables, acolledores, saudables e concienciados.
Constitúe ferramentas para que todos os actores, públicos e privados, que interveñen nas cidades e que buscan un desenvolvemento equitativo, xusto e sustentable desde os seus distintos campos de actuación, poidan elaborar os seus propios Plans de Acción.
