Debuxando o Lalín da vindeira década
Fecha: 07/08/2023
El Ayuntamiento diseña su Agenda Urbana con el ojo puesto en el 2030 y en los Objetivos de Desenvolvimiento Sostenible de la ONU y de la UE
Arranca una acción divulgativa, para llegar a los más jóvenes y a los colectivos sociales las ventajas de esta acción
Lalín, 4 de agosto de 2023.
O Concello deseña a súa Axenda Urbana co ollo posto no 2030 e nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU e da UE
Arranca unha acción divulgativa, para achegar aos máis novos e aos colectivos sociais as vantaxes desta acción
Lalín, 4 de agosto de 2023.O Concello de Lalín aborda xa as novas accións establecidas para o desenvolvemento da “estratexia da Axenda Urbana Local de Lalín”, ao amparo do proxecto piloto, financiado e impulsado poloMinisterio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, queconverte a Lalín nun dos referentes de España en desenvolvemento sostible aliñado cos ODS-2030.
Os obxectivos que se queren acadar van dende a ordenación do territorio á xestión dos recursos, pasando pola innovación dixital e a gobernanza local. O carácter estratéxico deste plan colocou a Lalín como un referente precursor no seu desenvolvemento, así considerado polo Ministerio, sendo ademais o concello piloto galego de entre 20.001e 50.000 habitantes seleccionado para financiar o seu deseño e implementación. Un dos aspectos máis salientablesda Axenda Urbana é a súa condición de mecanismo facilitador de acceso a axudas europeas e estatais que teñan como destino investimentos nas materias citadas como obxectivos.
Como xa ocorrera na fase de deseño, o plan lalinense quere contar coa colaboración e a participación da cidadanía; desta volta no proceso de implementación de actuacións, polo que se vai buscar afondar na xa aberta vía de comunicación cos lalinenses para que poidan compartir a información sobre o plan e xerar empatías e sinerxías no seu desenvolvemento. No mes de abril, deu comezo o deseño dunha campaña informativa e formativa para achegar o proxecto á veciñanza e dun xeito especial aos máis novos, en cuxas mans estará o Lalín da nova década.
En total, máis de duascentas persoas participaron o pasado outubro nas xornadas de formación que impartía o consistorio para iniciar un proceso ao que agora se lle dará continuidade e acadar así a maior poboación posible participando no proceso de implantación da Axenda Urbana do seu propio concello. Este, xunto a outras 121 localidades, forman parte do proxecto piloto que leva aos concellos, da man da Axenda Urbana Española, para chegar a ser uns referentes para o resto de municipios de España.
O proxecto de actuación con colectivos, poñerase en marcha logo do verán, a partir de setembro, para chegar aos nenos dos centros escolares lalinenses e aos mozos durante o curso escolar e así tratar con eles cuestións de ámbito local, urbanístico e ambiental contemplados na Agenda Urbana Española e na estratexia lalinense para a súa implementación.
O primeiro colectivo que vai recibir as “visitas formativas” será o escolar logo do retorno ás aulas. Posteriormente, a campaña vaise achegar ás parroquias e puntos de referencia territoriais,aos axentes sociais e aos veciñais para explicar os aspectos da Axenda Urbana Local a través de charlas e xornadas de traballo que se desenvolverán durante o outono e o inverno.
De igual forma, estableceranse accións paraacadar unha axeitada divulgación informativa e publicitaria ao longo deste mesmo período, co obxectivo de xerar interese na poboación, cara este ambicioso proxecto da cidade. Esta mesma semana, púxose en servizo a nova sección dedicada á Axenda Urbana Local dentro da web municipal (www.lalin.gal). O novo espazo, dedicado á Axenda Urbana Local neste soporte dixitalxa está operativa en tres idiomas: galego, castelán e inglés: https://axendaurbana.lalin.gal/
Para una implantación paulatina da Axenda Urbana Local de Lalín, o Concello propuxo catro fases de acción: nunha primeira, levouse a cabo un diagnóstico sobre a realidade urbana, e tamén da rural, buscando unha integración transversal de políticas de desenvolvemento en ámbalas áreas. Nunha segunda fase fixouse cada un dos obxectivos, logo de ter recibido propostas cidadáns e de colectivos sociais e económicos. E nunha terceira, foron plasmados nun “plan de Acción” con propostas a concretar para o Concello. Plan de acción que agora empeza a executarse e que ten esta campaña como unha das accións de apoio e inicio.
A cuarta fase, que se abordará de inmediato, consiste na execución e seguimento de actuacións do plan para acadar o maior grao de éxito nas accións propostas. É neste marco no que, dende o Concello, se acordou poñer en marcha un conxunto de accións para achegar aos veciños todas e cada unha das actuacións que se vaian a desenvolver e, á vez, recibir novas aportacións que permitan mellorar as distintas actuacións.
O plan estratéxico concíbese como un documento non normativo que quere marcar una nova visión do desenvolvemento sostible cunha visión estratéxica, sostible e humanizada do entorno urbano. Trátase dunha adaptación da Axenda urbana 2030, que conta cun enfoque mundial, con obxectivos xerais e pouco específicos que fan difícil a súa aplicación a pequenos pobos rurais de menos de 50 000 habitantes. É por iso polo que a Axenda Urbana Local de Lalín se expón coma unha nova visión da mesma para facilitar a aplicación a concellos pequenos e rurais.
Os 150.000€ concedidos como axuda ao abeiro do plan foron financiados polos fondos europeos NextGeneration para a recuperación europea, que busca reformar e construír un novo xeito de vida nos países da Unión Europea.
https://axendaurbana.lalin.gal/
axendaurbana@lalin.gal